A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Próximo partido

Rematado

Resultados

Liga 2ª B - Grupo I
LEO - BIL 1:1
IRU - GUI 1:1
LUG - MAR 4:0
VAL - BAR 1:0
RAC - RSB 0:1
SAN - PFE 1:3
SES - CEL 0:0
LEM - PON 2:0
ZAM - DEP 3:0
CIU - SPB 4:4
Ampliar

Clasificación

  GEPP
Real Unión2112575
Leonesa2010870
Ponferradina1891163
Zamora17101161
Celta B15131058
Lemona16101258
7 Racing1681456
Lugo15101355
Guijuelo14111353
10 Barakaldo1581553
11 Bilbao At.14101452
12 Pontevedra1491551
13 Ciudad13111450
14 R.Santander B12111547
15 Sestao10161246
16 Sporting B1361945
17 Deportivo B9121739
18 R.Sociedad B9121738
19 Valladolid B1062136
20 Luanco862330
Creative Commons License
Indice
Juan Vázquez Tenreiro. A Frecha Ferrolá
Escrito por administrador   
Sábado, 09 Febreiro 2008
Image Juan Vázquez Tenreiro (Ferrol, 14-07-1912) foi o primeiro futbolista ferrolán en ganar a Liga española e ser internacional. A "Frecha Ferrolá", como foi coñecido en Madrid e na prensa deportiva estatal durante os anos corenta do pasado século, era un extremo de pequena estatura, moi veloz e habilidoso, que non deixou a ninguén indiferente.

Vázquez xogaba no Ferrol (equipo nacido en 1933 e desaparecido anos despois) e o Racing non tardou en botarlle o ollo, incorporándoo en 1934/35, a campaña do debut verde na 2ª División. Alí coincidiu con Pedrín, Toralla, Xelo, Chavea, Momán, Silvosa, Rivera, Cagigao, Pallarés..., con algúns deles coincidira no Ferrol. Juanito marcou tres goles en catro partidos do accidentado campionato superrexional -xogado entre galegos e asturianos- e fixo sete goles (foi o máximo realizador do equipo) en trece partidos ligueiros. Non foi dabondo para evitar o descenso.
 

 
Vázquez: un racinguista na furia española
Escrito por administrador   
Mércores, 30 Xaneiro 2008
ImageJoaquín Vázquez González (Badaxoz, 09-11-1897) foi o primeiro futbolista do Racing que foi internacional vestindo a camiseta da selección española. Afincado dende neno no País Vasco (en Irún) pola profesión do seu pai, que era carabineiro, Vázquez chegou a Ferrol a primeiros do 1919 para cumprir os seus deberes militares no 2º Reximento de Infantería da cidade departamental.
 
Procedía da Real Unión de Irún, potente clube nacido en 1915 da fusión de Racing (no que xogara dende 1914) e Irún Sporting. Alí, o futbolista pacense exercía xunto ao excelso Patricio Arabolaza labores de ataque.


 
Presentación do libro "Historia da selección galega de fútbol 1922-2006"
Escrito por administrador   
Martes, 25 Decembro 2007
ImageO pasado xoves 20 de decembro de 2007 foi presentado o libro "Historia da selección galega de fútbol 1922-2006", do que é autor o presidente do Círculo Racinguista, Jorge M. Deza. O acto, moderado polo xornalista Xan Morales, tivo lugar no Ateneo Ferrolán, e asistiu tamén ao mesmo Óscar Losada, editor da obra.
 
Escoita a presentación: 
 

 
Manuel Rivera Martorell. O mito racinguista
Escrito por administrador   
Domingo, 09 Decembro 2007
ImageManuel Rivera Martorell foi un dos xogadores máis lonxevos na historia racinguista, un dos mellores medios centro do fútbol galego anterior á Guerra Civil e, sobre todo, o futbolista máis carismático e senlleiro do Racing de todos os tempos.
 
Nacido en A Graña no mes de outubro do 1904, pasou do C.D. Ferrol (equipo creado no seo da "Escuela Nocturna Obrera") ao Racing Ferrol F.C. no 1923 erixíndose moi cedo nunha estrela que non tardou en chamar a atención fóra da cidade.

Foi campión galego co cadro verde en dúas ocasións (1928/29 e 1937/38) e estivo a piques de acadar a internacionalidade con España. Asemade, foi pretendido por diversos clubes pero o seu amor por Ferrol (onde tiña o seu traballo no estaleiro) e polo Racing lle fixo manterse fiel ás cores até a retirada no verán de 1938. Só tivo unha curta paréntese lonxe do clube na temporada 1933/34, cando aliñou co C.D. La Coruña durante a competición ligueira da 2ª División.
 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Resultados 19 - 27 de 61
Joomla Templates by Joomlashack