|
Indice
|
A Proximidade Xeográfica na Segunda División B |
|
Escrito por administrador
|
|
Martes, 25 Xullo 2006 |
|
Ningúen entende moi ben os criterios para compoñer os grupos da Segunda División B, pero si a proximidade xeográfica fose o primeiro a seguir, alguén tería que votarlle unha ollada ó mapa, e para facerlle máis sinxela a cousa estreamos unha nova sección na web Mapa do Grupo I - 2ª Div.B
|
|
|
Escrito por administrador
|
|
Mércores, 31 Maio 2006 |
|
Na Copa de 1954 en Suiza tivo lugar o encontro en cuartos de final entre Hungría e Brasil, este partido convertiríase no máis violento da historia dos mundiais; A Batalla de Berna. Na portada da revista Paris Match amósase esta foto, nela vese a un siareiro brasileiro pelexando cun policía que intenta reprimilo. Namentras o Jornal dos Sports publicóu o seguinte titular: Fomos víctimas dunha maquinación e dunha trampa dos europeos. Ó remate do campionato, a delegación brasileira denuncióu ante a FIFA que o árbitro inglés Arthur Ellis actuara: “…Ó servizo do comunismo internacional, en contra da Civilización Occidental e Cristiana”.
Domingo, 27 de xuño de 1954; Estadio : Wankdorf (Berna) (40.000 espectadores) Hungría : 4 Brasil : 2 (2-1)
HUN : Grosics; Buzánsky, Lantos, Loránt; Bozsik, Zakariás; M.Tóth, Kocsis, Hidegkuti, Czibor, J.Tóth. BRA : Castilho; Djalma Santos, Nilton Santos; Brandaozinho, Pinheiro, Bauer; Julinho, Didi, Índio, Tozzi, Maurinho.
Goles : 1-0 Hidegkuti 4'; 2-0 Kocsis 7'; 2-1 Djalma Santos 16'(p); 3-1 Lantos 54'(p); 3-2 Julinho 66'; 4-2 Kocsis 89'.
Árbitro : Ellis (Inglés). Expulsións : Nilton Santos 73'; Bozsik 73'; Djalma Santos 77'
|
|
|
Escrito por administrador
|
|
Mércores, 03 Maio 2006 |
"As empresas de chícharos fervidos non cultivan os chícharos, os mercan." Karren Brady*, dando explicacións despois de desfacer o equipo sub-15 do Birmingham City.
* Karren Brady é a primeira muller en acceder a un alto cargo na Premier League (directora executiva do Birmingham City), ademais do fútbol ten outros altos cargos en canles de televisión e radio.
|
|
|
Édson Arantes do Nascimento "Pelé" |
|
Escrito por administrador
|
|
Sábado, 15 Abril 2006 |
O fillo de Dondinho e Dona Celeste deixou a pequena cidade de Três Corações dereito
para o estrelato. O campionato do mundo de 1958 foi o nacemento dunha lenda. As súas estadísticas son todo un prodixio: 1282 goles en 1366 partidos xogados
"A diferencia entre Edson e Pelé é que Edson vai morrer, Pelé é inmortal"
Domingo 29 de xuño de 1958 . Estadio : Rasunda (Estocolmo) . Asistencia : 49.737
BRASIL : 5 - SUECIA : 2 (2-1)
Brasil: Gilmar, Djalma Santos, Nilton Santos, Zito, Bellini, Orlando, Garrincha, Didi, Vavá, Pelé, Zagallo.
Suecia: Svensson, Bergmark, Axbom, Börjesson, Gustavsson, Parling, Hamrin, Gren, Simonsson, Liedholm,
Skoglund.
Goles : 0-1 Liedholm 4', 1-1 Vavá 10', 2-1 Vavá 32', 3-1 Pelé 56', 4-1 Zagallo 68', 4-2 Simonsson 80', 5-2 Pelé 89'
Árbitro : Guigue (Francés).
|
|
| | << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
| | Resultados 37 - 45 de 61 | |