|
Pita. Ícono do vello racinguismo montaraz |
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Domingo, 27 Abril 2008 |
|
O ferrolán Juan Pita foi un deses futbolistas que, polo seu xeito de entender o xogo e o deporte, hai que consideralo como un eterno selo de identidade do Racing histórico e do fútbol ferrolán. Nuns tempos como os actuais, nos que a identidade dos clubes de fútbol en moitos casos xa só reside no sentimento dos afeccionados e no, case sempre, esquecido baúl da historia, maltratada pola voráxine de incomprensión do mercantilista presente; a lembranza de homes como Pita é, para os amantes do fútbol ferrolán e a historia do Racing, un exercicio non só agradable senón de xustiza.
|
|
|
Lelé. Artillería de Marín |
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Sábado, 19 Abril 2008 |
 Entre os futbolistas que vestiron a camiseta verde, Rogelio Santiago
García, “Lelé”, foi un dos que máis títulos oficiais acadaron das
épocas antigas do Racing (1919-1950) que estamos a lembrar en forma de
pequenas biografías individuais. Este dianteiro polivalente, rápido,
incansable e gran goleador nacido o 19-04-1911 en Marín (Pontevedra),
tras triunfar en Ferrol e debutar na 1ª División co mítico Arenas de
Guecho (alí coincidiu con Silvosa e José Planas, dous nomes
fundamentais na historia racinguista) ganou dúas Ligas e unha Copa co
Valencia, onde destacou nos anos da postguerra española compartindo
vestiario con ilustres como Goiburu, Asensi, Amadeo, Epi, Mundo, Igoa
ou o ex verde Gorostiza.
Lelé tiña o talento propio do xogador vertical, loitador e habilidoso.
Velocidade, bo trato do balón, excelente asunción do concepto do xogo
de equipo, adaptación a calqueira demarcación con proxección ofensiva,
tiro duro e envelenado a porta e gol. Con eses argumentos tiña que
triunfar na elite do fútbol español.
|
|
|
José Vara "Portugués". O defensa dianteiro |
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Xoves, 10 Abril 2008 |
 José Vara Martínez naceu en Vila Nova de Gaia (POR) o 08-10-1913. De
pai galego e nai lusa, cedo empezou a ser coñecido como “Portugués”.
Xogou en Unión Sp. C., de Lavadores; Racing C. San Lorenzo, de
Santiago; Lugo Sp. C.; Racing Ferrol F.C./C. Ferrol (1938-42; 1947-49);
e R.C.D. La Coruña (1943-46).
Era un defensa contundente, ambicioso, sólido e regular, de gran
poderío físico, rápido de reflexos e un empuxe que lle fixo aportar
moito en labouras ofensivas. Dese xeito, en non poucas veces actuou
como extremo zurdo.
Xa no Lugo Sporting demostrara as súas cualidades como “back” difícil
de superar. En 1935/36 o equipo lucense estivo a piques de ser campión
de Galicia e unha das claves foi o traballo defensivo de Portugués.
|
|
|
Caliche. O señor da retagarda |
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Sábado, 29 Marzo 2008 |
 Dende Asturias sempre, e sen excepción, viñeron a Ferrol futbolistas de
alto rendemento e fonda pegada na memoria colectiva do racinguismo.
Cipriano Pañeda López (Oviedo, 16-01-1908) foi un deles. Defensa serio,
rochoso e decidido, moi nobre e regular, excelente lanzador de penales
(ben aleccionado por José Planas nesa faceta só dúas veces errou dende
os once metros, na famosa "Batalla dos Lacóns" diante o D. La Coruña e
nun partido ligueiro ante o Mallorca) cun liderazgo natural no
vestiario verde que lle fixo ser dignísimo sucesor de "buques insignia"
como Cancela, Rivera, Basterrechea ou Silvosa; trouxo ao clube
departamental toda a experiencia de ter xogado con ilustres do fútbol
español como o gran goleador Isidro Lángara, o fenomenal gardarredes
Óscar Álvarez, o catalán Ricardo Gallart (co que coincidiu no Racing),
Barril, Casuco, Caramelero ou Galé. en definitiva, aquél Oviedo
coñecido pola súa "dianteira eléctrica" que fixo historia nos anos
anteriores á Guerra Civil española.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 10 - 18 de 61 |