A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Related Items

Indice arrow Manifesto
Manifesto PDF Imprimir E-mail
Escrito por Circulo Racinguista   
Mércores, 11 Novembro 1998

Manifesto do Círculo Racinguista

Un club de Futbol representativo de toda unha cidade non é só un equipo que xogue e unha boa directiva que xestione.

Ten que ter algo máis: socios/as, afeizoados/as, peñas, circulos de discusión, canteira, apoios institucionais e empresariais, en definitiva, masa social que responda e respalde ao club sen que os resultados deportivos señan unicamente os que marquen o camiño a seguir. Cun camiño distinto ao sinalado pódese chegar moi arriba deportivamente pero estariamos creando un xigante de pes de barro que ao menor traspes de resultados derrubariase.

Un club como o Racing, que nalgunha época anterior dispoñia dese arroupe social non pode deixar pasar moito máis tempo sen intentar recuperalo, e agora que hai un proxecto deportivo consolidado e unha xerencia seria é o momento de dar pasos nese sentido. Conscentes de todo iso, un grupo de afeccionados formamos o Círculo Racinguista, co que intentaremos aportar o noso gran de area na construcción desa grande masa social á que nos referiamos antes.

Non pretendemos suplantar a ninguen nen crear nengunha estructura que xa este funcionando, senon máis ben, colaborar con todas as que xa esten creadas, axudando a dinamizar os círculos sociais racinguistas xa existentes e vertebrando a sociedade verdi-branca, á que, se ben ten os piares postos, quedalle ainda moito camiño que percorrer.

Por poñer exemplos gráficos, e asumindo que as comparacións poden ser odiosas, a nosa pretensión non é a de aportar un grao de area no camiño de conseguir cuestions técnicas etc, cremos que existen canles axeitados. En definitiva, que o futbol lonxe de apasionamentos mal entendidos que provocan circunstancias nada dexesabeis, seña vínculo de unión dunha comarca así como unha que un club como o Racing represente para a sociedade de Ferrolterra, e salvando tamén todas as distancias, o que pode significar en Bizkaia o Athletic de Bilbao, na cidade condal o F.C. Barcelona ou no mesmo Cadiz e Málaga uns equipos que como o noso caso caeron no pozo da segunda B pero seguen a conservar esa afeción fiel que nunca abandoa ás suas cores e unha cidade volcada co club.

As nosas pretensións concrétanse en distintas liñas de traballo entre as que está, unha que cremos fundamental, a de recuperar e difundir a historia do Racing. E decimos recuperar xa que historia haina e documentos e testimonio gráfico que a acrediten tamén, e na nosa idea está ordear, clasificar, e preparar esta documentacion para facer chegar a toda a sociedade un pasado que forma tamén parte da historia da cidade e de toda a comarca.

Outras iniciativas do Círculo estarán encamiñadas en achegar a Ferrol persoas vinculadas co mundo do futbol, organizando colóquios, charlas, debates, conferencias, etc. Nestes actos terian cabida tanto xogadores e adestradores como xestores de clubes que nos permitan coñecer outras experiencias deportivas similares ás da nosa cidade. A creación dun foro de opinión e debate que axude ao progreso e a mellora dos vínculos futbolísticos entre os clubs modestos da comarca e o Racing, así como achegar éste club ao conxunto da sociedade de Ferrolterra serán puntos cardinais das nosas actuacións.

As actividades tenderán sempre cara a parte máis social e cultural dun fenómeno como o futbol, (non pretendemos ser voces a favor ou en contra de tal ou cal xogador ou adestrador), e contribuan tamén desde o papel que lles corresponde ao relanzamento de Ferrolterra.

En Ferrol, a 11 de novembro de 1998.




 
Joomla Templates by Joomlashack