A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Indice arrow Cousas do fútbol arrow A Metamorfose
A Metamorfose PDF Imprimir E-mail
Escrito por Anónimo publicado en: www.educaciondeportiva.com.ar   
Domingo, 15 Xaneiro 2006
Non sei cómo dicircho. Pensas que o fas polo meu ben, pero non podo evitar sentirme raro, molesto, mal. Me regalaches unha pelota cando apenas botaba a camiñar. Aínda non iba á escola cando me apuntaches no equipo. Gostame adestrar pola semán, bromear cos meus compañeiros e xogar o domingo, como fan os máis grandes.

Pero cando vas ós partidos ... non sei. Xa non é coma antes. Agora non me das unha palmada cando remata, nin me levas a tomar algo. Vas ás gradas pensando que todos son enimigos. Insultas ós árbitros, ós adestradores, ós xogadores, ós outros pais ...

¿Por qué cambiaches?

Penso que sufres e non o entendo. Me repites que son o mellor, que os demáis non son nada ó meu lado, que hai que gañar ou gañar. Ese adestrador que dis que e un parvo, é o meu amigo, o que me ensinou a divertirme xogando. O rapaz que o outro día saiu no meu posto ... ¿Lémbraste? Si home aquel que estiveche toda a tarde criticando porque "non sirve nin pa levarme o peto" . Ese rapaz vai á miña escola. Cando o vin, o lúns, sentin vergoña. Non quero decepcionarte. As veces penso que non teño calidade dabondo, que non chegarei a profesional, e a gañar millóns, coma ti queres. Ata estiven a pensar en deixalo, pero ¡gústame tanto!
 
» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack