A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Próximo partido

Rematado

Resultados

Liga 2ª B - Grupo I
LEO - BIL 1:1
IRU - GUI 1:1
LUG - MAR 4:0
VAL - BAR 1:0
RAC - RSB 0:1
SAN - PFE 1:3
SES - CEL 0:0
LEM - PON 2:0
ZAM - DEP 3:0
CIU - SPB 4:4
Ampliar

Clasificación

  GEPP
Real Unión2112575
Leonesa2010870
Ponferradina1891163
Zamora17101161
Celta B15131058
Lemona16101258
7 Racing1681456
Lugo15101355
Guijuelo14111353
10 Barakaldo1581553
11 Bilbao At.14101452
12 Pontevedra1491551
13 Ciudad13111450
14 R.Santander B12111547
15 Sestao10161246
16 Sporting B1361945
17 Deportivo B9121739
18 R.Sociedad B9121738
19 Valladolid B1062136
20 Luanco862330
Creative Commons License
Indice
Ortiz. Bala verde PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Domingo, 11 Maio 2008
ImageJosé Ramón Ortiz Salaverría foi un dos grandes futbolistas que vestiron a camiseta verde a mediados da década de 1941-50. A súa velocidade pola banda, incisiva, sempre perigosa e eficaz, fíxolle cobrar o alcume de “Bala Verde”, acaso inspirado en Guillermo Gorostiza, ex racinguista sobranceiro coñecido por “Bala Roja”. Ortiz era infatigable, tiña un fondo físico e unha proxección pola banda inesgotables. E asemade tiña gol e unha “eléctrica” habilidade para desmarcarse. Con Porta, Barón, Tino e Caeiro completou unha liña dianteira memorable.
 
Militou no Ferrol entre as temporadas 1943/44 (a do retorno a 2ª División) e 1946/47. Debutou de verde ante o Cacereño nun partido da fase de ascenso á categoría de prata, facendo quinteto ofensivo con Porta, Carbonell, Barón e Quintana. Na última xornada el marcou o gol ao Logroñés que metía ao Ferrol na “repesca” da promoción, ganada ao Arenas de Guecho en Madrid. En “Las Gaunas” foi o home máis determinante dun Ferrol caracterizado por preocuparse máis do balón que do contrario, con moita combinación, mellor balance defensivo que ofensivo pero altamente preciso no pase. Ortiz poñía en todo caso a nota singular coa súa velocidade impresionante.

Na seguinte campaña, na que se iniciou unha longa xeira na 2ª División, competiu na banda con outro rapidísimo extremo, Alfonso Landeta, pero acabou impoñéndose na titularidade. Inesquecibles foron tamén aquelas dianteiras que Ortiz compoñía cos Román, Barón, Caeiro, Porta, Herodes ou Tino, xogadores, lendarios todos eles, que reunían talento e entrega en doses ben distribuidas. Ortiz destacou no enfrontamento copeiro ante o At. Aviación, desvelándose como un extremo dereito de calidade superior á 2ª División. Con Gabriel Alonso, Caeiro ou Fontela foi unha das “perlas” daquel Ferrol de mediados da década dos corenta do pasado século e non tardaría en dar o salto, coma eles, a andares superiores.

Image A de 1945/46 foi a mellor temporada de Ortiz no Ferrol. O seu estado de forma, acoplamento co equipo e olfato goleador alcanzaron os maiores niveis. Como nos tres goles que lle marcou ao Dep. Córdoba (vencera o Ferrol 6 a 0). O equipo saeu beneficiado, asinando unha primeira volta fabulosa, na que fixo soñar seriamente á “parroquia” do Inferniño co ascenso á 1ª División. Pese a ser extremo, o tiro a porta de Ortiz era letal e cando penetraba na área transmitía perigo constante aos contrarios, porque xogaba con gran criterio co balón nos pes e facía centros medidos de boa factura. E todo iso, pese a que no ataque xogaban homes como o pícaro Barón ou o “rompedor” e xigantón Caeiro.

Na última campaña de Ortiz no cadro ferrolán a súa bagaxe goleadora foi menor, dado que o ataque se veu reforzado con outro ilustre deses anos, Fabeiro. Pero a súa aportación seguiu sendo fundamental até o derradeiro partido, que foi na Copa da F.G.F., conquerida polo Ferrol tras superar nun torneo por puntos a Dep. La Coruña, G. Lucense e Pontevedra. O Sevilla levouse ao bravo extremo verde unha vez concluida a temporada 1946/47 deixando un gratísimo recordo nos afeccionados, que non voltaron a ver en moito tempo un futbolista coma el na súa demarcación e coas súas virtudes.
» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack