A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Próximo partido

Rematado

Resultados

Liga 2ª B - Grupo I
LEO - BIL 1:1
IRU - GUI 1:1
LUG - MAR 4:0
VAL - BAR 1:0
RAC - RSB 0:1
SAN - PFE 1:3
SES - CEL 0:0
LEM - PON 2:0
ZAM - DEP 3:0
CIU - SPB 4:4
Ampliar

Clasificación

  GEPP
Real Unión2112575
Leonesa2010870
Ponferradina1891163
Zamora17101161
Celta B15131058
Lemona16101258
7 Racing1681456
Lugo15101355
Guijuelo14111353
10 Barakaldo1581553
11 Bilbao At.14101452
12 Pontevedra1491551
13 Ciudad13111450
14 R.Santander B12111547
15 Sestao10161246
16 Sporting B1361945
17 Deportivo B9121739
18 R.Sociedad B9121738
19 Valladolid B1062136
20 Luanco862330
Creative Commons License
Indice
Manolín. A elegancia dun gladiador da defensa PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Martes, 20 Maio 2008
ImageManuel Frade Rojí naceu en Baracaldo (Biscaia) o 24-02-1907. Moi cedo a súa familia veu a Ferrol e o xoven Manolín empezaría na nosa cidade a dar patadas a un balón na demarcación de defensa dereito. Xogou no Fortuna ferrolán en 1923/24 e de aí pasou ao Racing, onde permaneceu entre as campañas 1924/25 e 1931/32. Debutou en competición oficial co cadro verde o 23 de novembro de 1924 nun partido do campionato galego diante do Unión Sp. olívico e dende entón faría do seu eterno sorriso e do pano branco na fronte ou no pescozo elementos inconfundibles da súa imaxe.  Non tardou nada en erixirse nun fixo incuestionable na defensa racinguista xunto a Francisco Cobelo. Dende 1926/27 o seu compañeiro nesa tarefa pasou a ser Alejandro, moito máis veterano ca el pero co que se compenetrou perfectamente. Cando o rioxano causou baixa, foi o carballés Benito Pérez “Moreno” o novo compañeiro de Manolín nos labores de retagarda. 
Con todos eles Manolín deu a talla, aportando as súas cualidades de defensor áxil, rápido, impetuoso, moi brillante nos despexes de cabeza e elegante na concepción do xogo. Constituia un futbolista ordenado, de estilo fino, de fútbol alegre e eficiente, combativo e intelixente, sen brusquedades, ideal para un compañeiro de retagarda que tivese na técnica a súa principal virtude.
 
Image O de Baracaldo foi outro dos “Diaños Verdes” salientables, indiscutible xogador do Racing de finais da década de 1921-30 e comezos da seguinte, pretendido por D. La Coruña e Alavés logo da excelente temporada na que o equipo ferrolán se proclamara campión galego invito e caera ante o Ath. Bilbao nos oitavos de final da Copa do Rei.
No seu tempo foi un dos mellores defensas de Galicia xunto ao deportivista Otero, o céltico Pasarín ou o seu compañeiro racinguista Alejandro e integrou o once da selección galega en senllos partidos ante o combinado rexional do Centro e o D. La Coruña no ano 1929. No primeiro deses choques fixo parella na retagarda con Pasarín.

Xogador moi querido pola afección do Inferniño, afeita naqueles anos a ver excelentes futbolistas, Manolín sempre foi lembrado como un auténtico ídolo, como un dos referentes de toda unha época. Por iso, en 1967, o clube verde concedeulle a Insignia de Ouro nos prolegómenos da final do trofeo “Concepción Arenal” (que disputou o equipo verde contra o Celta).
Manolín Frade faleceu en Ferrol o 23-11-1979. Íase un dos mellores defensas da  historia verde. Un dos que fixeron grande ao Racing nos terreos de xogo e nas memorias deportivas.
» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack