A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Próximo partido

Rematado

Resultados

Liga 2ª B - Grupo I
LEO - BIL 1:1
IRU - GUI 1:1
LUG - MAR 4:0
VAL - BAR 1:0
RAC - RSB 0:1
SAN - PFE 1:3
SES - CEL 0:0
LEM - PON 2:0
ZAM - DEP 3:0
CIU - SPB 4:4
Ampliar

Clasificación

  GEPP
Real Unión2112575
Leonesa2010870
Ponferradina1891163
Zamora17101161
Celta B15131058
Lemona16101258
7 Racing1681456
Lugo15101355
Guijuelo14111353
10 Barakaldo1581553
11 Bilbao At.14101452
12 Pontevedra1491551
13 Ciudad13111450
14 R.Santander B12111547
15 Sestao10161246
16 Sporting B1361945
17 Deportivo B9121739
18 R.Sociedad B9121738
19 Valladolid B1062136
20 Luanco862330
Creative Commons License
Indice
Tino. Un extremo de moita altura PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Martes, 17 Xuño 2008
ImageExtremo espigado, de profundas internadas pola banda, centros precisos e laboriosidade constatada. Así era Marcelino Fernández Sánchez. Tino naceu en Nós-Oleiros (A Coruña) o 14-02-1925. Foi un dos “grandes” que vestiron a prestixiosa camiseta verde nos anos `40 da pasada centuria. Un deses xogadores que deixaban pegada na memoria colectiva. Un futbolista total que facía “tangos” de luxo sobre o terreo de xogo, exquisita e poderosa música co balón nos pes que logo foi consagrada en A Coruña na famosísima “Orquesta Canaro”, a versión balompédica daquela orquestra arxentina capitaneada por Francisco Canaro que popularizara tangos como “Oro viejo”, “La polla”, “Nobleza gaucha” ou “Canillita”.   Nos dous casos, fútbol de altura a ritmo de tango. Ou tangos “macanudos” a ritmo de fútbol, que a orde dos factores non altera o deleite. En todo caso, Tino estaba aquí antes de deleitar en Riazor xunto a Moll e os futuros verdes Marquínez, Dieste e Rafael Franco.

O oleirense deu os seus primeiros pasos futbolísticos no Hércules de San Pedro. Con só dezanove anos veu a Ferrol, integrándose no plantel verde en 1944/45. Aquí estivo até 1948/49, que foi cando o fichou o D. La Coruña, onde logrou o subcampionato ligueiro en 1949/50.

Image Tino era moi alto e polas súas características podía pasar por dianteiro centro. Pero actuaba na banda porque posuía unha excelente precisión nos centros á área, dos que se nutría Caeiro, o home do eixo do ataque verde neses anos. E moita rapidez nas incursións pola banda. No cadro departamental foi o sucesor natural de Herodes e “competiu” con outro futbolista de semellantes características a el, o gaditano Pedro Maza. Debutou nun partido en San Sebastián diante da Real Sociedad, con Ortiz, Porta, Caeiro e Barón na liña de vangarda e deixou claro que ía ser peza fundamental dun equipo cheo de elementos destacados. En 1947/48 con Maza, Porta, Caeiro e Fabeiro compuxo unha das dianteiras máis goleadoras da historia racinguista, pois nese exercicio o equipo ferrolán fixera sesenta e sete tantos. En 1948/49 o Valencia interesouse nel, pero aínda seguiu un ano máis de verde.

Nos anos cincoenta alternou o clube branco-azul co Zaragoza, onde actuou en 1953/54. Unha vez retirado regresou a Ferrol asentándose no barrio de Canido, exercendo de adestrador de clubes modestos da nosa cidade como Portuarios, Galiano e Canido e xogando en ocasionais partidos de veteranos.

Non hai moitos anos que morreu, pero a súa memoria debe permanecer intacta como corresponde a un futbolista de casta que fixo historia en Ferrol.
» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack