|
Indice
|
Alejandro. Un coloso vítima dun capricho |
|
|
|
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Luns, 04 Agosto 2008 |
 O rioxano (que non navarro, como moitos pensan) Alejandro Díaz García
naceu en Logroño o 22-02-1906 e foi un deses defensas que todo equipo
quere ter na seguridade de que o seu rendemento é garantía
incuestionable de éxito. Chegaba a Ferrol en 1926 con vocación de
quedar, ben inserido no potente equipo que se estaba a xestar e que
estoupou con Planas á cabeza en 1928/29. Alejandro é "Diaño Verde" con
méritos máis que demostrados e un nome clásico do Racing antigo. Fixo
parella de luxo na retagarda con Manolín, aportando a cerebral
calidade, o intelixente saber estar e facer co balón en labores
defensivos que o identificou dende moi cedo. O entusiasmo, a coraxe e a
valentía descarada e pundonorosa do seu compañeiro complementaban á
perfección un traballo case inexpugnable para as dianteiras rivais.
Alejandro era de hercúlea constitución, un tipo alto, forte, de
calvicie temprana e con equilibrada bagaxe por baixo e por alto.
Defensa da escola norteña imperante, encaixou dende o comezo sen
demasiados problemas naquel Racing rochoso, granítico, cheo de entrega
nos seus elementos e non exento da calidade indubidable de homes como
Silvosa, Rivera, Bilbao, Basterrechea, Palacios ou, como non, o "super
crack" Gorostiza. Con todos eles, homes que deron lustre para sempre á
historia deste clube, Alejandro ganou o campionato galego sen coñecer a
derrota, pasando por riba a Celta e D. La Coruña e caendo no torneo
copeiro español ante o Ath. Bilbao, grazas ás máis que discutibles
arbitraxes sofridas, que beneficiaron (descaradamente, digámolo claro
agora que non nos oen) aos "leóns" para parar os pes ao invencible
equipo verde. Así é o fútbol... Pois ben, Alejandro estaba aí, como
ingrediente salientable dun once de ensoño que ubicou ao Racing no mapa
futbolístico español con letras de gloria.
 Na temporada seguinte, 1929/30, o Racing acusou o peso da
responsabilidade de ser campión galego e a presión que lle chegaba
dende todos os sitios por facerse cos servizos das súas estrelas. Os
resultados no campionato rexional non acompañaron e a directiva, á
sazón presidida por Manuel Corzo de Lamuela, perdeu os nervios ante un
par de malos resultados diante de Eiriña e Unión Sp. A medida foi
drástica ao decidir afastar do equipo a varios xogadores, entre eles
Alejandro. Gran consternación provocara o afastamento de Rivera
(recuperado pola ruidosa presión da afección e a prensa) pero non
aconteceu o mesmo con Alejandro, acusado implícitamente do baixo
rendemento do equipo e das derrotas. Fora do Racing en pleno outubro de
1929, Alejandro buscou acomodo no puxante modesto Libunca de San Xoán
de Filgueira, equipo entón do concello de Serantes, para non perder
ritmo de competición. Non tardou en atopar un cadro digno do seu nivel
futbolístico, e, como non, o D. La Coruña aproveitou a lamentable
medida da directiva racinguista para facerse co bravo defensa logroñés
sen despeitearse. Xa tiña un "diaño" nas súas ringleiras. No clube de
Riazor seguiu demostrando o seu talento e ganou dous campionatos
galegos máis, en 1930/31 e 1936/37. Polo medio chegou a militar no
vello Ath. Madrid nas temporadas anteriores á Guerra Civil.
Alejandro, futbolista disciplinado, sempre entregado á causa, regular
no rendemento, líder sen buscalo, referente para os compañeiros, non
esqueceu Ferrol pese á maneira na que tivo que marchar. E tras o seu
periplo como xogador e como adestrador (Leonesa, Numancia de Soria...),
deixábase ver polo Inferniño para participar en partidos de veteranos
ou como espectador ilustre, lembrando tempos pasados xunto a
compañeiros de loitas balompédicas e exercendo de home da casa, de
referenza para o racinguismo, como correspondeu sempre a todos eses
homes que foron alguén importante no Racing, que fixeron literalmente o
Racing por riba de dirixentes ás veces insensibles e mesmo engreídos,
máis preocupados pola súa imaxe ante a afección e a prensa que outra
cousa. Homes que xustifican que, por exemplo, hoxe esteamos escribindo
sobre un futbolista memorable coa esperanza de que a súa memoria quede
intacta e que aqueles que accedan ao noso web e recollan estas sinxelas
semblanzas para incluilas sen reparos nos seus blogs indiquen a fonte,
como xeito de respecto aos que traballamos voluntariamente pola
recuperación histórica do Racing de Ferrol.
» 5 Comments
1Comment Martes, 05 Agosto 2008 17:59
Dedicado á persoa que leva o blog "http://historiasracinguistas.blog spot.com", para que comprenda que cando se bota man dos traballos alleos, polo menos hai que citar a fonte, porque senón o seu labor bloguístico haberá que velo como un mero plaxio. As referenzas sobre Rivera, Gorostiza, Joaquín Vázquez, Cancela, Pita, Basterrechea, Silvosa, Manolín, Barón, Caliche, Portugués, Juanito Vázquez, Alberty, Lelé, Miranda, Ortiz, Juanito Alonso (fragmentos), e Sobrino teñen como autor a Jo
2Comment Martes, 05 Agosto 2008 18:08
A Jorge Deza, si, presidente do Círculo Racinguista, autor destas pequenas biografías, coa colaboración inestimable dos compañeiros Alfredo e Julio.
3"Hay que citar las fuentes" Mércores, 06 Agosto 2008 18:36
Estoy completamente de acuerdo. No puede ser que una gente esté trabajando para que otros se aprovechen sin citar las fuentes. Es más hay otra página dedicada a jugadores del Celta que actua exactamente igual. Es un plagio en toda regla y la verdad es que no se si merecerá la pena hacer el esfuerzo que se hace para que venga otro u otros y se ventile sin más el trabajo de Jorge Deza.y sus compañeros de Círculo. Hay que citar las fuentes!!!
4"Mil disculpas Jorge" Mércores, 08 Outubro 2008 19:44
Hola Jorge , soy uno de los que lleva Historias Racinguistas , página que aun no está acabada . Solo queria pedirte disculpas por lo ocurrido . Yo y el otro chaval somos unos grandes seguidores tuyos y no queremos crearte ni a ti ni a nadie ningún problema , ahora ya están las fuentes citadas en cada jugador , ruego aceptes nuestras disculpas
5Comment Mércores, 15 Outubro 2008 19:14
Ningún problema Raúl, non pasa nada, un saúdo e aúpa Racing!
» Publicar comentario
|
|