A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Indice arrow Xogadores Ilustres arrow Alejandro. Un coloso vítima dun capricho
Alejandro. Un coloso vítima dun capricho PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Luns, 04 Agosto 2008
ImageO rioxano (que non navarro, como moitos pensan) Alejandro Díaz García naceu en Logroño o 22-02-1906 e foi un deses defensas que todo equipo quere ter na seguridade de que o seu rendemento é garantía incuestionable de éxito. Chegaba a Ferrol en 1926 con vocación de quedar, ben inserido no potente equipo que se estaba a xestar e que estoupou con Planas á cabeza en 1928/29. Alejandro é "Diaño Verde" con méritos máis que demostrados e un nome clásico do Racing antigo. Fixo parella de luxo na retagarda con Manolín, aportando a cerebral calidade, o intelixente saber estar e facer co balón en labores defensivos que o identificou dende moi cedo. O entusiasmo, a coraxe e a valentía descarada e pundonorosa do seu compañeiro complementaban á perfección un traballo case inexpugnable para as dianteiras rivais.

Alejandro era de hercúlea constitución, un tipo alto, forte, de calvicie temprana e con equilibrada bagaxe por baixo e por alto. Defensa da escola norteña imperante, encaixou dende o comezo sen demasiados problemas naquel Racing rochoso, granítico, cheo de entrega nos seus elementos e non exento da calidade indubidable de homes como Silvosa, Rivera, Bilbao, Basterrechea, Palacios ou, como non, o "super crack" Gorostiza. Con todos eles, homes que deron lustre para sempre á historia deste clube, Alejandro ganou o campionato galego sen coñecer a derrota, pasando por riba a Celta e D. La Coruña e caendo no torneo copeiro español ante o Ath. Bilbao, grazas ás máis que discutibles arbitraxes sofridas, que beneficiaron (descaradamente, digámolo claro agora que non nos oen) aos "leóns" para parar os pes ao invencible equipo verde. Así é o fútbol... Pois ben, Alejandro estaba aí, como ingrediente salientable dun once de ensoño que ubicou ao Racing no mapa futbolístico español con letras de gloria.

ImageNa temporada seguinte, 1929/30, o Racing acusou o peso da responsabilidade de ser campión galego e a presión que lle chegaba dende todos os sitios por facerse cos servizos das súas estrelas. Os resultados no campionato rexional non acompañaron e a directiva, á sazón presidida por Manuel Corzo de Lamuela, perdeu os nervios ante un par de malos resultados diante de Eiriña e Unión Sp. A medida foi drástica ao decidir afastar do equipo a varios xogadores, entre eles Alejandro. Gran consternación provocara o afastamento de Rivera (recuperado pola ruidosa presión da afección e a prensa) pero non aconteceu o mesmo con Alejandro, acusado implícitamente do baixo rendemento do equipo e das derrotas. Fora do Racing en pleno outubro de 1929, Alejandro buscou acomodo no puxante modesto Libunca de San Xoán de Filgueira, equipo entón do concello de Serantes, para non perder ritmo de competición. Non tardou en atopar un cadro digno do seu nivel futbolístico, e, como non, o D. La Coruña aproveitou a lamentable medida da directiva racinguista para facerse co bravo defensa logroñés sen despeitearse. Xa tiña un "diaño" nas súas ringleiras. No clube de Riazor seguiu demostrando o seu talento e ganou dous campionatos galegos máis, en 1930/31 e 1936/37. Polo medio chegou a militar no vello Ath. Madrid nas temporadas anteriores á Guerra Civil.

Alejandro, futbolista disciplinado, sempre entregado á causa, regular no rendemento, líder sen buscalo, referente para os compañeiros, non esqueceu Ferrol pese á maneira na que tivo que marchar. E tras o seu periplo como xogador e como adestrador (Leonesa, Numancia de Soria...), deixábase ver polo Inferniño para participar en partidos de veteranos ou como espectador ilustre, lembrando tempos pasados xunto a compañeiros de loitas balompédicas e exercendo de home da casa, de referenza para o racinguismo, como correspondeu sempre a todos eses homes que foron alguén importante no Racing, que fixeron literalmente o Racing por riba de dirixentes ás veces insensibles e mesmo engreídos, máis preocupados pola súa imaxe ante a afección e a prensa que outra cousa. Homes que xustifican que, por exemplo, hoxe esteamos escribindo sobre un futbolista memorable coa esperanza de que a súa memoria quede intacta e que aqueles que accedan ao noso web e recollan estas sinxelas semblanzas para incluilas sen reparos nos seus blogs indiquen a fonte, como xeito de respecto aos que traballamos voluntariamente pola recuperación histórica do Racing de Ferrol.
» 5 Comments
1Comment
 Martes, 05 Agosto 2008 17:59por Jorge
Dedicado á persoa que leva o blog "http://historiasracinguistas.blog spot.com", para que comprenda que cando se bota man dos traballos alleos, polo menos hai que citar a fonte, porque senón o seu labor bloguístico haberá que velo como un mero plaxio. As referenzas sobre Rivera, Gorostiza, Joaquín Vázquez, Cancela, Pita, Basterrechea, Silvosa, Manolín, Barón, Caliche, Portugués, Juanito Vázquez, Alberty, Lelé, Miranda, Ortiz, Juanito Alonso (fragmentos), e Sobrino teñen como autor a Jo
2Comment
 Martes, 05 Agosto 2008 18:08por Jorge
A Jorge Deza, si, presidente do Círculo Racinguista, autor destas pequenas biografías, coa colaboración inestimable dos compañeiros Alfredo e Julio.
3"Hay que citar las fuentes"
 Mércores, 06 Agosto 2008 18:36por Pierrus
Estoy completamente de acuerdo. No puede ser que una gente esté trabajando para que otros se aprovechen sin citar las fuentes. Es más hay otra página dedicada a jugadores del Celta que actua exactamente igual. Es un plagio en toda regla y la verdad es que no se si merecerá la pena hacer el esfuerzo que se hace para que venga otro u otros y se ventile sin más el trabajo de Jorge Deza.y sus compañeros de Círculo. Hay que citar las fuentes!!!
4"Mil disculpas Jorge"
 Mércores, 08 Outubro 2008 19:44por Raul
Hola Jorge , soy uno de los que lleva Historias Racinguistas , página que aun no está acabada . Solo queria pedirte disculpas por lo ocurrido . Yo y el otro chaval somos unos grandes seguidores tuyos y no queremos crearte ni a ti ni a nadie ningún problema , ahora ya están las fuentes citadas en cada jugador , ruego aceptes nuestras disculpas
5Comment
 Mércores, 15 Outubro 2008 19:14por Jorge
Ningún problema Raúl, non pasa nada, un saúdo e aúpa Racing!
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack