A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Indice arrow Noticias arrow Nota de prensa
Nota de prensa PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Domingo, 05 Outubro 2008
Cando esta asociación foi creada no outono de 1998 unha das claves da súa filosofía era e segue a ser o estudio, recuperación e difusión da historia do Racing Club Ferrol S.A.D. Nós consideramos que o único patrimonio que ten o Racing é, a parte da súa afección ao longo de varias xeracións, a súa historia.
Como é sabido, un dos membros do Círculo Racinguista, Jorge M. Deza -presidente do mesmo dende maio de 2005-, está mergullado nesa tarefa dende hai máis de dez anos , publicando o primeiro dos catro tomos previstos da súa historia do Racing en abril de 2005. A finais da pasada década Jorge consultara o material documental que o clube conservaba nunha das dependencias de A Malata (deixando testemuño do mesmo con varias fotografías feitas por el mesmo) e agora, ante a necesidade de volver a facelo con maior profundidade como parte do seu traballo, enfocado aos restantes tomos da súa obra, atopouse con que ese material semella ter desaparecido. Preguntados persoalmente por ese particular en diferentes momentos do presente ano 2008 D. Antonio Aneiros Rey, xerente do Racing Club Ferrol S.A.D., e D. José Criado Labajo, vicepresidente do Racing Club Ferrol S.A.D., a conclusión a día de hoxe é que na entidade verde ninguén sabe onde está ese arquivo.

Habería que preguntarse para que existe a Fundación Racing Club Ferrol, que nos seus estatutos dí que ten como unha das súas finalidades cuidar el patrimonio de la Sociedad, así como Crear, organizar y gestionar el Museo del Racing Club de Ferrol (...) Producir, editar publicaciones y distribuir productos relacionados con el patrimonio cultural y deportivo del Racing Club de Ferrol, S.A.D., con el objeto de promocionar la imagen cultural y deportiva del club. O Círculo Racinguista, formado por abonados/as e accionistas do Racing Club Ferrol S.A.D., decidiu entón enviar unha nota ao correo electrónico do clube con data 01-09-2008 para que explicase onde está o material documental en cuestión. Logo duns días de espera, o Racing Club Ferrol S.A.D. non respondeu. O Círculo Racinguista enviou entón un segundo correo electrónico con data 11-09-2008 volvendo a preguntar onde está o arquivo, e o Racing Club Ferrol S.A.D., como na primeira vez, fixo caso omiso da nosa solicitude. Nós queremos saber onde foi parar o material documental histórico do clube, que inclúe libros de actas, actas arbitrais de partidos, memorias deportivas e económicas, correspondencia diversa con clubes de toda España e federacións, listaxes de socios, licencias de futbolistas, etc. dende principios dos anos corenta até finais dos oitenta do pasado século. E non pararemos até sabelo. Se foi destruido, se perdería para sempre unha parte importante do legado documental do Racing Club Ferrol S.A.D. E si existe físicamente tería que estar a disposición de calquera abonado/a ou accionista.

Con esta nota pretendemos dar a coñecer este asunto aos/ás afeccionados/as e forzar unha resposta no clube sobre algo que nos interesa a todos/as os/as racinguistas: protexer o patrimonio do Racing Club Ferrol S.A.D.

Ferrol, 05 de outubro de 2008
» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack