A free template from Joomlashack

A free template from Joomlashack

Próximo partido

Rematado

Resultados

Liga 2ª B - Grupo I
LEO - BIL 1:1
IRU - GUI 1:1
LUG - MAR 4:0
VAL - BAR 1:0
RAC - RSB 0:1
SAN - PFE 1:3
SES - CEL 0:0
LEM - PON 2:0
ZAM - DEP 3:0
CIU - SPB 4:4
Ampliar

Clasificación

  GEPP
Real Unión2112575
Leonesa2010870
Ponferradina1891163
Zamora17101161
Celta B15131058
Lemona16101258
7 Racing1681456
Lugo15101355
Guijuelo14111353
10 Barakaldo1581553
11 Bilbao At.14101452
12 Pontevedra1491551
13 Ciudad13111450
14 R.Santander B12111547
15 Sestao10161246
16 Sporting B1361945
17 Deportivo B9121739
18 R.Sociedad B9121738
19 Valladolid B1062136
20 Luanco862330
Creative Commons License
Indice
O ano 1919 recoñecido, por fin, como o da fundación oficial do clube verde PDF Imprimir E-mail
Escrito por Círculo Racinguista   
Mércores, 07 Xaneiro 2009
O Circulo Racinguista estivo presente na Xunta de Accionistas do Racing Club de Ferrol, S.A.D.

O pasado 30 de decembro de 2008 o presidente do Círculo Racinguista, Jorge M. Deza, asistiu á Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Racing Club de Ferrol S.A.D., correspondente á presente temporada 2008/09. En representación propia e de varios membros da nosa asociación até reunir un total de 13 accións, Jorge preguntou na Xunta polo paradeiro do arquivo histórico do Racing, que el consultou e catalogou en 1997 cando empezaba a traballar na súa obra sobre a historia do clube verde. Considerando que o arquivo é un patrimonio de todos/as os/as racinguistas e debe de estar sempre accesible aos/ás mesmos/as, o Círculo Racinguista propúxose dende o pasado mes de maio de 2008 saber onde está ese material, falando con directivos e empregados do clube, enviando correos electrónicos e mesmo enviando unha nota de prensa para dar a coñecer o asunto. O presidente do Racing Club de Ferrol S.A.D., Isidro Silveira, indicou na Xunta de Accionistas que o arquivo está sendo preparado por unha persoa e que poderá estar disponible para a consulta dentro de dous ou tres meses. Asemade, foi proposta a constitución dunha comisión especial que se encargase de aprobar de xeito oficial e solemne 1919 como o ano de nacemento do Racing, data demostrada documentalmente por Jorge. O mandatario verde indicou que non é necesaria unha comisión, concedendo unha total lexitimidade ao traballo despregado nestes anos por Jorge Deza.

Deste xeito, dende este momento xa consta como ano oficial de fundación do Racing Club de Ferrol SAD o de 1919, tal e como nós estivemos defendendo dende hai anos en base á investigación e probas documentadas levadas a cabo polo presidente do Círculo Racinguista.

» Sin comentarios
Non hai comentarios.
» Publicar comentario
Email (oculto no comentario)
Nome/Nombre
Titulo
Comment
 caracteres maximo
 
< Anterior   Seguinte >
Joomla Templates by Joomlashack