|
O ano 1919 recoñecido, por fin, como o da fundación oficial do clube verde |
|
|
|
|
Escrito por Círculo Racinguista
|
|
Mércores, 07 Xaneiro 2009 |
|
O Circulo Racinguista estivo presente na Xunta de Accionistas do Racing Club de Ferrol, S.A.D.
O pasado 30 de decembro
de 2008 o presidente do Círculo Racinguista, Jorge M. Deza, asistiu
á Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Racing Club de Ferrol S.A.D.,
correspondente á presente temporada 2008/09. En representación propia
e de varios membros da nosa asociación até reunir un total de 13 accións,
Jorge preguntou na Xunta polo paradeiro do arquivo histórico do Racing,
que el consultou e catalogou en 1997 cando empezaba a traballar na súa
obra sobre a historia do clube verde. Considerando que o arquivo é
un patrimonio de todos/as os/as racinguistas e debe de estar sempre
accesible aos/ás mesmos/as, o Círculo Racinguista propúxose dende
o pasado mes de maio de 2008 saber onde está ese material, falando
con directivos e empregados do clube, enviando correos electrónicos
e mesmo enviando unha nota de prensa para dar a coñecer o asunto. O
presidente do Racing Club de Ferrol S.A.D., Isidro Silveira, indicou
na Xunta de Accionistas que o arquivo está sendo preparado por unha
persoa e que poderá estar disponible para a consulta dentro de dous
ou tres meses. Asemade, foi proposta a constitución dunha comisión
especial que se encargase de aprobar de xeito oficial e solemne 1919
como o ano de nacemento do Racing, data demostrada documentalmente por
Jorge. O mandatario verde indicou que non é necesaria unha comisión,
concedendo unha total lexitimidade ao traballo despregado nestes anos
por Jorge Deza.
Deste xeito, dende este
momento xa consta como ano oficial de fundación do Racing Club de Ferrol
SAD o de 1919, tal e como nós estivemos defendendo dende hai anos en
base á investigación e probas documentadas levadas a cabo polo presidente
do Círculo Racinguista.
» Sin comentarios
» Publicar comentario
|